Aluga a Casa Rural completa para ti e os teus!

Alugueiro - Alquiler de casa completa Torre Lombarda AllarizNestas datas de agasallos e paz…

Regaládevos uns días de tranquilidade no Hotel Rural Torre Lombarda de Allariz!

Aluga a casa completa para ti e os teus e desfrutade duns días de tranquilidade con todas as comodidades do noso Hotel – Casa Rural, situado nunha das vilas máis fermosas de Galicia, ao pé do río Arnoia e rodeada dunha paisaxe de beleza incomparable.

Cunha capacidade de ata 22 persoas (9 habitacións, 18 camas + 4 supletorias), a Torre Lombarda conta con tódalas comodidades e luxos deste histórico edificio construído no s.XV e convertido hoxe en día nun Hotel Rural de referencia en Allariz e na provincia de Ourense.

Se o preferides, tamén tendes a posibilidade de que vos organicemos nós o almorzo, xantar e/ou cea, para que a única preocupación vosa sexa a de desfrutar da estadía.

Chama agora, cóntanos o que precisas e reserva xa esta marabillosa Casa Rural onde desfrutar deses días que estades desexando pasar en compañía da vosa xente.

Infórmate no teléfono 988 554 005 ou ben escríbenos a torrelombarda@allariz.com