Hotel – Casa Rural Torre Lombarda

Torre Lombarda é un hotel en Allariz, situado nun lugar perfecto para aquel que busque tranquilidade e contacto coa natureza, gozando de todas as comodidades e dun esmerado servizo, a par de poder gozar do centro histórico desta fermosa vila a escasos metros..

Antiga Fábrica de Curtidos rehabilitada, equipada e confortable, rodeada dunha magnífica paisaxe para que a vosa estancia sexa inesquecible.

Hotel Torre Lombarda levantouse na Idade Media para protexer a porta de San Lázaro e reforzar un dos puntos máis débiles da muralla. O seu nome obedece ao seu carácter defensivo e ao feito de estar dotada de bombardas ou lombardas, armas de fogo utilizadas en 1484. Entre os séculos XVI e XVII remodelase e transfórmase en casa Grande, e a principios do século XIX dedícase a fábrica de curtidos.

Desde o ano 1997, Torre Lombarda, rehabilitada polo afamado arquitecto Cesar Portela, converteuse nun hotel de referencia en Allariz. Dada a calidade do seu servizo e a súa excelente situación, no centro desta fermosa vila, centos de visitantes anualmente elíxennos como punto de pernoita desde o cal poder visitar Allariz e toda Galicia.

Dotado de todas as comodidades, o noso visitante pode elixir entre 9 habitacións, algunhas delas con vistas ao río Arnoia. As súas paredes de pedra, o excelente estado de conservación do que antigamente foi unha fábrica de curtidos e fortaleza defensiva, a súa historia…fan que a estancia en Torre Lombarda convértase nunha experiencia inesquecible.

Si está buscando onde dormir en Allariz ye desexa solicitar información ou reservar habitación, pode facelo chamándonos ao 988 554 005 ou ben en torrelombarda@allariz.com